Aínda que de cando en vez vexamos na prensa cómo algúns rapaces rachan con tódalas marcas anteriores de distancia establecendo comunicacións sen fíos, os usuarios de portátiles con Wi-Fi incorporado normalmente ven como os seus equipos só se poden conectar a uns poucos metros do punto de acceso máis próximo, pero o fabricante norteamericano hField Technologies promete cambiar a situación cun novo dispositivo USB.
O Wi-Fire é un adaptador Wi-Fi por USB que se pode adherir ó portátil coma moitas cámaras web (cunha especie de pinza) que promete establecer conexións a distancias de ata 1.000 pés (uns 300 metros) o que mellora considerablemente as coberturas habituais (chegando case a triplicalas), aínda que se consegue grazas a que en realidade utiliza unha antena direccional que pode xirar 360º para acadar a mellor conectividade.
O novo dispositivo destaca por ter un tamaño reducido (semellante ó dunha axenda electrónica) e un prezo axustado (79 dólares) e na propia web do fabricante ilustran con 3 casos de uso para ver a utilidade e capacidade do Wi-Fire que podería ser a resposta para moitos usuarios que teñen conexións Wi-Fi preto, pero non son capaces de conectar ás mesmas (ou o fan a velocidades limitadas e con cortes constantes).
O Wi-Fire permite conectar con puntos de acceso Wi-Fi a 300 metros de distancia
Compartir Este Artigo
