Os seguidores da saga cinematográfica de Star Wars poderán cumprir un soño realidade, xa que dende Lucas Arts veñen de confirmar que o xogo Star Wars: The Force Unleashed, aparte de saír para Xbox 360 e PS3, terá versión para a Nintendo Wii, de xeito que se poderá empregar o Wiimando para controlar o xogo, que incluirá tamén un modo especial para combater contra amigos, polo que a simulación do uso de espadas de luz chegará a un nivel inédito.
A versión para Wii do novo xogo que chegará en primavera de 2008 permitirá usar o Wiimando para manexar a espada de luz e o Nunchuk para utilizar a forza (afastando ou lesionando ós inimigos).
O presidente de Lucas Arts, Jim Ward, comentou que «a Wii é unha grande plataforma para The Force Unleashed, porque os mandos orientados ó movemento da consola levan o xogo á vida» de xeito que a versión para a consola doméstica de Nintendo será bastante diferente da que chegará para as consolas de alta definición.
The Force Unleashed terá versión para Nintendo Wii
Compartir Este Artigo

