
Os primeiros días do evento estaban reservados a uns 25.000 profesionais do sector, pero durante a pasada fin de semana puido asistir o público xeral, de xeito que se disparou a cantidade de asistentes ata as 90.000 persoas, o que provocou que os afeccionados tiveran que agardar longas colas para poder ver adiantos dos títulos que chegarán nos vindeiros meses.

A principal novidade que se anunciou na feira deste ano foi o lanzamento dunha nova versión do mando da PS3 (coñecido coma Dual Shock 3) que finalmente integra vibración, o que non quedou libre de críticas, xa que Sony anunciara que era imposible integrar tal tecnoloxía no mando SixAxis cando todo apunta a que o problema técnico respondía a un conflito de patentes que se debía solucionar economicamente.
Entre os adiantos da feira estivo un novo trailer de Metal Gear Solid 4, o anuncio de Final Fantasy XIII para PS3, Metal Slug 7 para Nintendo DS, Unbrella Chronicles para Wii ou o Virtua Fighter 5: Live Edition para Xbox 360. Ou sexa, un pouco do de sempre, pero un amargo sabor que dá a entender que este tipo de feiras, peso ó seu éxito de público, está a vivir unha crise importante, que podería levar a un cambio de dirección no futuro, cando menos, no tocante ó calendario anual.
A Tokyo Game Show amosou as novidades do mundo dos videoxogos
Compartir Este Artigo

