O éxito de Halo 3 pode ser o pulo que necesitaba a consola Xbox 360 para manterse no mercado, xa que se trata dun título exclusivo para a consola de Microsoft, pero os rumores apuntan a que Bungie Studios poderían intentar levar o seu éxito a outras plataformas (segundo parece, mediante a separación da mesma por parte dun grupo de desenvolvedores), o que está sen confirmar oficialmente, pero que é unha idea que se reforzou pola publicación dun vídeo en IGN no que se podía ver unha demo do posible xogo Halo DS, ou sexa, unha versión adaptada para a consola portátil de Nintendo, que foi cancelado hai meses.
O certo é que para Nintendo DS predominan os xogos máis inocentes, e ata o momento non se considerou que os xogos de acción en primeira persoa poidan funcionar ben en consolas portátiles, pero a xente de Bungie parece que atopou un xeito de aproveitar a pantalla táctil da DS para darlle vida ó seu xogo na consola de peto.
Todo indica que Halo DS non verá a luz (con ese nome), pero co vídeo publicado parece lóxico pensar que podería rexurdir este xénero tan consolidado no PC nas consolas portátiles.
Unha demo de Halo DS dispara os rumores de que a xente de Bungie podería deixar de traballar para Microsoft
Compartir Este Artigo

