Aínda que a velocidade das conexións da Internet é o principal argumento para promover accesos de banda larga, Telefónica quere atender a moitos usuarios que prefiren un gasto moderado, polo que estrea o combinado Dúo ADSL 1 Mega + chamadas nacionais por 29,9 euros/mes (ós que habería que sumar os 13,7 euros + IVE pola liña telefónica) o que supón un aforro de 10 euros con respecto do Dúo de 3 Mbps.
O novo Dúo ofrece tarifa plana de 24 horas sen límite de descarga e chamadas a teléfonos fixos de todo o Estado, o que podería animar a moitos usuarios a sumarse á Sociedade da Información.
Esta nova oferta permitiría á operadora presidida por César Alierta facer fronte a promocións doutras compañías que chegan a vender paquetes de ADSL a partir de 19,95 euros/mensuais, así como retomaría a oferta de 1 Mbps, que desapareceu trala triplicación de velocidade ata os 3 Mbps sen aumento de prezo.
Este novo Dúo destaca tamén por ter unha cobertura que chega a case tódalas liñas de telefonía fixa de España, o que non pasa con velocidades superiores (que precisan de pouca distancia á central telefónica para garantir a recepción do servizo).
Telefónica estrea un ADSL con chamadas a 29,9 euros/mes
Compartir Este Artigo

