
O equipo wts skill, composto por Francisco Javier Fearwar de la Peña Ojea e Néstor Souler García Trabazo, chegou ata a final tras superar moitas cribas, rematando cunha vitoria que lles fixo merecedores dun chegue por valor de 30.000 dólares (20.398 euros) entregado por Jason Katz (vicepresidente do evento) e Abizar Vakharia (director senior da división global de xogos de Dell).
Preguntados sobre o que ían facer cos cartos, Fearwar comentou que «podería mercar un portátil, ou algo…», o que podería vir provocado pola presentación do impresionante portátil Dell XPS na súa edición World of Warcraft.

Dous galegos gañan un campionato mundial de World of Warcraft
Compartir Este Artigo

