Os seguidores os videoxogos que desexen somerxerse nos seus títulos favoritos sen contar para tal sensación cun equipo de altofalantes repartido ó seu redor poden facerse cos auriculares Astro A40 que incorporan o sistema Dolby Headphone de xeito que se simula a mestura 5.1 en auriculares estéreo.
Opcionalmente os auriculares tamén inclúen un mesturador e procesador eterno A40 MixAmp, o que resulta especialmente útil para xogadores de Xbox e Xbox 360, que poden controlar o volume da voz e dos son dos xogos, de xeito que se pode adaptar a configuración para momentos coma as partidas nocturnas nas que non se quere facer moito ruído.
Os auriculares se venden por 199 dólares, e o mesturador por 129 dólares (135,31 euros e 87,71 euros respectivamente), de xeito que resultan algo caros para os usuarios normais, pero non hai que esquecer que están dirixidos a xogadores intensivos, que si tirarán proveito das prestacións deste accesorio de alta gama.
Auriculares con son envolvente para fanáticos ós videoxogos
Compartir Este Artigo

