O Ministerio de Industria, Turismo e Comercio vén de pechar a sinatura de adendas con tódalas Comunidades e Cidades Autónomas para o desenvolvemento dos programas Cidades Dixitais, Peme Dixital, Didadanía Dixital e difusión do DNI electrónico no ámbito do Plan Avanza.
A diferenza doutras actuacións anteriores no mesmo ámbito, o Plan Avanza propón un modelo de ejecución en cooperación que require a colaboración das Comunidades Autónomas. Este modelo supón que, dentro das liñas fixadas polo Goberno, se formalicen convenios marco individuais con cada unha das comunidades segundo as súas prioridades. Estas adendas ós convenios marco de colaboración asinados en 2006 para a implantación do Plan Avanza en España supoñen unha financiación total de 142,22 millóns de euros. Desa cantidade, o Ministeio de Industria aporta preto de 70 millóns de euros, os Gobernos autonómicos 68,71 e as entidades locais 4,11 millóns (para o programa Cidades Dixitais). Aos devanditos importes hai que engadirlle o destinado polo Ministerio de Industria á concesión de Préstamos Avanza, de 705 millóns de euros.
No 2007 investíronse 847 millóns para actuacións do Plan Avanza
Compartir Este Artigo

