Dende ADSL Net levan tempo publicando un mapa no que se poden comprobar distintas probas de velocidade das conexións ADSL de España, pero dende La Voz de Galicia están a traballar nun mapa semellante baseado en Google Maps, que en vez de localizar as mellores velocidades da nosa comunidades, persigue debuxar o mapa de sombras no rural galego no tocante á banda larga.
Os lectores descontentos co ser acceso á Internet poden acudir á web de La Voz, mandar un correo electrónico ou remitir unha mensaxe de texto dende o móbil para indicar a situación das súa vivendas e as limitacións que teñen para conectarse á Rede.
No mapa podemos ver como se van reflectindo as queixas dos usuarios que ven como a banda larga se resiste a chegar ós seus domicilios:
La Voz de Galicia quere debuxar o mapa de sombras da banda larga no rural galego
Compartir Este Artigo

