Os xogos realizados por afeccionados rara vez chegan ás consolas de videoxogos, pero a teima dalgúns fai posible que poidamos rememorar vellos títulos en consolas actuais, coma un grupo francés coñecido polo nome de StarDev que está a traballar na adaptación do vello xogo para PC StarCraft para a Nintendo DS.
O título chámase StarLite e xa conta cunha versión de proba que está a circular pola Rede, aínda que leva só unhas 3 semanas de desenvolvemento, o que dá a entender que en breve existirá unha versión totalmente funcional.
Para facerse unha idea de cómo é este StarLite podemos ver o seguinte vídeo:
StarLite: o StarCraft caseiro para Nintendo DS
Compartir Este Artigo

