Mentres o iPod Nano se viste de rosa para celebrar o Día de San Valentín, dende Nintendo tamén incrementan a oferta cromática da súa consola portátil de dúas pantallas, a DS, que xa conta dende hai tempo con modelo rosa, e agora que sorprende cunha Nintendo DS de cor azul cobalto.
Esta nova versión da consola portátil non se tería anunciado oficialmente, senón que apareceu misteriosamente á venda na web de CircuitCity (que actualmente xa non amosa tal produto) e podería indicar un lanzamento inminente da nova DS.
A Nintendo DS podería tinguirse de azul cobalto
Compartir Este Artigo

