Os monitores informáticos acadan normalmente grandes resolucións comparables ás dos televisores de alta definición, de aí que Asus lance a súa HDTV Suite-HDMI, que é un dispositivo que converte os monitores con porto VGA, DVI ou HDMI en televisores de alta definición.
O curioso dispositivo incorpora sintonizador de televisión analóxica, e permite achegar imaxes de entradas HDMI, VGA, S-Video e vídeo composto. Tamén conta coa función Picture-in-Picture que nos permite ver dúas entradas simultáneas no monitor.
Asus venderá un dispositivo que converte un monitor nun televisor de alta definición
Compartir Este Artigo

