International Karate para Commodore 64A consola Nintendo Wii permite na súa consola virtual redescubrir a xogos de vellas plataformas como as antigas consolas domésticas de Nintendo (NES, SNES e N64), a Sega Megadrive, a PC Engine ou as máquinas recreativas baseadas en Neo-Geo, e agora incorpora a esta oferta de xogos ó ordenador de 8 bits Commodore 64. Os primeiros títulos de C64 que chegan á Wii son os clásicos International Karate e Uridium, un xogo de loita e un xogo de naves respectivamente, que foron especialmente importantes na historia dos videoxogos na segunda metade da década dos 80 e que se poden adquirir agora por 500 puntos Wii. En YouTube podemos ver vídeos nos que se rememoran ambos títulos:
International Karate
Uridium
Van Damme xogando ó Karate Champ en Contacto SangrientoAmais, podemos destacar que o xogo International Karate contaba con versión de recreativa (Karate Champ) e para distintas plataformas, quedando na memoria de moitos grazas á película Contacto Sangriento, na que Jean Claude Van Damme botaba unha partida á devandita recreativa, que sorprendía por empregar dúas pancas de xogo cada xogador.