Segundo un recente estudo levado a cabo por Western Digital, “os españois gardan unha media de 5,64 anos de recordos nos seus PCs” e en xeral soen ser arquivos de gran valor sentimental dos que só o 15 por cento chegan a revelarse. Atrás quedaron esas películas de 24 e 36 fotos que esmorecían dentro da cámara sen chegar a ver a luz ou que se estragaban sen chegar ó laboratorio de revelado. Agora déronlle paso ás fotografías dixitais que se almacenan nos PCs durante anos correndo o risco de ser eliminadas por erro ou destruídas por algún virus inoportuno.
A media de imaxes almacenadas nos PCs españois é de 1.608 e o 38 por cento dos enquisados por Western declara que o que máis lle doería sería perder esas fotografías; a pesares disto, asegura o estudo que “o 22 por cento dos españois nunca fai copias de seguridade dos seus arquivos máis valiosos”. Destes últimos, mentres que “o 27 por cento non o fai porque pensa que facelo non é importante”, “o 26 por cento recoñece non facer copias de seguridade porque descoñece como se fai”.
Para mellorar a seguridade dos datos nos PCs, Western Digital vén de lanzar o seu novo disco externo WD My Book Home Edition, que dispón de software automático de copia de seguridade e capacidades que van dos 320 aos 1000 xigabytes.
WD sorteará mensualmente 3 dos devanditos discos e 100 camisetas de bebé para que os pais non se esquezan de realizar as copias de seguridade máis a miúdo xa que no seu caso son fotografías que non poderán volver facer unha vez que os raparigos medren.
Para participar no sorteo hai que entrar na web www.mybookhome.com e seguir as instrucións que alí se indican.
Neste sitio tamén se atopa información sobre os premios que se sortean, o regulamento e como obter máis oportunidades para gañar.
Western Digital premia ás persoas que fagan copias de seguridade dos seus arquivos
Compartir Este Artigo

