A serie de animación en Flash popularizada na Internet (e que tamén se pode seguir por varias canles de televisión en todo o mundo), Happy Tree Friend, contará cun videoxogo propio para PC e Xbox LIVE Arcade grazas a SEGA.
Os personaxes de Mondo Media xa aparecían nalgún mini-xogo en Flash, pero agora en Happy Tree Friends: False Alarm terán un xogo de peso no que a aparencia inocente dos protagonistas se verá pervertida por violentas situación e mortes horrendas das que tanto gustan os seguidores da serie de animación.
O xogo xa conta cun pequeño anuncio de adianto:
A serie de animación Happy Tree Friends terá videoxogo de seu
Compartir Este Artigo

