Acer estrea unha nova xeración da súa familia de portátiles Aspire Gemstone, que desta volta se coñecen coma Gemstone Blue, respondendo así ó seu acabado azulado (moi visible grazas á retroiluminación dalgunha das súas teclas) como pola presenza de lector de discos Blu-ray.
Os novos portátiles se venden con pantallas de 18,4 e 16 polgadas con resolución de ata 1.080p (alta definición), procesadores Penryn e traxeta gráfica NVIDIA 9650m GS, ou sexa, uns equipos de alta gama que se venderán a prezos de entre 900 e 1.500 euros segundo a configuración.
Para tirar proveito da multimedia, os novos equipos integran unha zona táctil coñecida coma Cinedash con controis precisos de son e imaxe, que son o detalle definitorio dos Gemstone Blue.

Os equipos pesan entre 3,5 e 4,1 quilogramos, teñen unha autonomía de entre 2,5 e 3 horas e mesmo permiten a instalación de 2 discos duros de 320 Gb no seu interior.
Esta nova gama de portátiles se estrea con dous modelos:
– O 6920G, con pantalla de 16 polgadas con resolución de 1.920 x 1.080 ou 1.366 x 768 píxeles, tarxeta NVIDIA GeForce 9500M GS con 512 Mb de memoria dedicada, disco duro de 320 Gb e unidade de Blu-ray.
– O 8920G con pantalla de 18,4 polgadas a 1.920 x 1.080 píxeles, tarxeta de vídeo GeForce 9500M GS ou 9650M, unidade Blu-ray a 2X e ata 2 discos duros de 320 Gb.
Novos Acer Aspire Gemstone Blue
Compartir Este Artigo

