Os clientes da compañía de telefonía móbil Movistar que teñan a sorte de poder facer turismo por Europa adiante nas vindeiras vacacións de Semana Santa, poderán contratar (no caso de que non a teñan) a tarifa diaria de roaming out para disfrutar das chamadas recibidas de balde durante a súa estancia no extranxeiro.
Deste xeito, entre o 14 e o 24 de marzo, os usuarios de Movistar poderán recibir chamadas de balde sen ter que pagar os 0,12 euros/minuto máis os 0,24 por establecemento de chamada que se viñan pagando por estas conferencias habitualmente.
Esta tarifa pódese contratar por 0,99 euros/día e segundo informou Telefónica, “págase só cando se emprega”.
As chamadas realizadas manterán o seu prezo habitual de 0,245 euros/minuto máis 0,49 euros (sen I.V.E.) polo establecemento de chamada.
Os clientes de Movistar que viaxen por Europa en Semana Santa non pagarán por recibir chamadas
Compartir Este Artigo

