O punto informativo da Consellería de Traballo instalado no encontro Xuventude Galiza Net foi un dos stands máis visitados polos mozos e mozas que acudiron a esta festa dixital da capital galega celebrada no pasado fin de semana.
En total, neste espazo repartíronse máis de 5.000 obxectos de promoción da campaña de prevención Movemento contra a Lei de Murphy (3.000 camisetas e 2.000 bolígrafos) e 1.500 cadernos da campaña de sensibilización Moitollo!, que trata de concienciar á comunidade educativa sobre a importancia da prevención e os riscos da sinistralidade laboral.
A devandita Consellería colaborou con Xuventude Galicia Net coa posta en marcha dun stand de información dende o cal se informou ós mozos sobre as dúas campañas que a institución está a desenvolver para concienciar á sociedade da importancia da prevención de riscos laborais.
Asemade, os asistententes a este espazo tamén puideron descargar nos seus teléfonos móbiles (mediante bluetooh) o xogo da campaña Movemento contra a Lei de Murphy; ao longo dos tres días que durou a Party producíronse máis de oitocentas descargas.
O stand da Consellería de Traballo foi un dos máis visitados do XGN
Compartir Este Artigo

