
O xogo contará cun pack completo no que se incluirán os instrumentos do mesmo (batería, micrófono e guitarra eléctrica sen fíos) e se venderá a 169,99 dólares (non se confirmou o prezo europeo), aínda que tamén será posible adquirir cada elemento por separado.
A versión de Wii contará con 63 temas musicais, pero por desgraza non permitirá xogar en rede nin descargar temas adicionais, contrastando coas versións para Xbox 360 e PS3, que están a xerar millóns de descargas (de pago) de cancións para o xogo.
Rock Band chegará á Wii en xuño
Compartir Este Artigo

