A web da Federación Española de Baloncesto vén de anunciar que o portal Hoopshype.com, creado e xestionado por tres mozos naturais de Valladolid, foi adquirido pola rede norteamericana de páxinas deportivas Fantasy Sports Ventures por unha nada desprezable cifra que oscila entre os 600.000 e os 3,5 millóns de euros.
Jorge Sierra aínda non o acaba de crer. Este mozo de 29 anos tiña só 24 cando fundou a páxina en inglés Hoopshype.com, a mesma idade que tiñan os dous amigos que lle axudaron neste periplo xornalístico que acaba de chegar a moi bo porto, Raúl Barrigón e Ángel Marín.
Sierra afirma que firmou un acordo de confidencialidade polo que só desvelou que vendera o portal por “unha cifra de sete díxitos en dólares”, o que significa que Hoopshype.com se vendeu por unha cantidade que varía entre un e nove millóns de dólares polo cen por cento do capital.
Esta web, creada hai xa tres anos cando Sierra aínda vivía en Pucela con seus pais, é un referente nas noticias sobre a liga norteamericana de baloncesto e chegou a ter medio millón de usuarios únicos ó mes grazas, sobre todo, “á visión de Jorge, á sabiduría técnica de Ángel e a un perfil de xornalista que os protagonistas comparten: idiomas e cultura de EEUU, do baloncesto e de Internet”.
Outros atribúenlle o éxito desta web punteira na mellor liga de baloncesto do mundo a unha “gorxa profunda” que lles informa de canto movemento de xogadores se produce en EE UU para que Hoopshype o publique antes que ningún outro medio.
Os creadores de Hoopshype.com venden o portal por unha cifra millonaria
Compartir Este Artigo

