Segundo vén de publicar o xornal El Correo Gallego, o deportista vasco Julián Sanz tentará percorrer os 745 Km que separan Roncesvalles de Compostela en tan só 24 horas, unha fazaña coa que, de cumprirse as expectativas, baterá o récord na categoría de peregrinaxe expres, marcado por el mesmo en 2007 ó percorrer o traxecto en 28 horas e 1 minuto.
Sanz, que foi Campión do Mundo de Larga Distancia en 2007, partirá o vindeiro sábado 5 de abril o seu periplo pola Ruta Xacobea que poderá ser seguido en directo a través da súa web.
Grazas á instalación dun moderno sistema GPS, os internautas poderán facer un seguimento en rigoroso directo da traxectoria do ciclista dende a súa saída en Roncesvalles ata a súa chegada a Santiago en torno ás 10 da mañá (se todo vai segundo as previsións).
Paralelamente, os responsables da web irán pendurando vídeos e imaxes desta peculiar peregrinaxe polo Camiño Francés á Praza do Obradoiro Compostelá.
Un deportista vasco mostrará por Internet a fazaña de cubrir o Camiño Francés en 24 horas
Compartir Este Artigo

