A xunta de goberno da Fundación Aula_Smart, unha organización centrada no desenvolvemento e implantación das novas tecnoloxías no sector educativo e que conta co apoio do Ministerio de Educación, vén de aprobar na súa última xuntanza unha axuda extraordinaria de 55.000 euros para a adquisición de pizarras dixitais interactivas Smart Board SB 680.
O devandito centro asegura que trala petición formulada por varios centros educativos para a obtención de axudas para a adquisición destes dispositivos electrónicos, aproba unha partida de 55.000 euros que servirán para a adquisición dun total de 100 PDI valoradas en 550 euros e polas que o centro interesado “só terá que pagar un total de 1.190 euros”.
Poderán acceder a estas axudas os centros educativos, tanto privados como públicos, de calquera nivel de ensino, dende infantil ata Universitario, regrado ou non regrado, o profesorado que presta os seus servizos en centros educativos, as asociacións de mestres e as asociacións de centros de ensino que pretendan fomentar o emprego das novas tecnoloxías nas súas aulas.
Para realizar as solicitudes de adquisición de axudas, os interesados que cumpran os requisitos anteriormente expostos deberán inscribirse de balde na web da Fundación ou por fax a través do número 902 367 964.
Tamén é posible enviar un correo electrónico cos datos persoais a proxectos@fundacionaulasmart.org.
Aula_Smart concede 55.000 euros en axudas para adquirir pizarras dixitais
Compartir Este Artigo

