
A edición Rock Band Instrument (con batería, guitarra e micrófono) custará 169,99 euros, o xogo sen instrumentos valerá 69,99 euros, a guitarra sen fíos se venderá a 79,99 euros e o prezo da batería será de 89,99 euros; pero como o xogo completo en EE.UU. custa 169,99 dólares (uns 108 euros) moitos consumidores europeos se sinten agraviados.
Ante estas reaccións, dende Harmonix aseguran que a diferenza de prezo entre EE.UU. e Europa corresponde ao IVE, o que non convence (pois situaría o prezo da edición completa nuns 125 euros) e un voceiro da empresa asegurou que non están «intentando enganar ás persoas» e asegura que o xogo vale o seu prezo.
O certo é que este contraste de prezos entre distintos mercados é algo habitual, especialmente na actualidade, cando a cotización do dólar fronte ao euro é moi acusada.
Tamén terán un prezo significativo os temas descargables, que custarán 160 puntos de Microsoft (440 puntos en paguetes de 3 cancións e 800 puntos en paquetes de 6) de xeito que saen máis caros que en CD (6 cancións superan os 11 euros).
A versión europea de Rock Band tamén contará con temas exclusivos coma Beetlebum (Blur), Rock’n’Roll Star (Oasis), Monsoon (Tokyo Hotel), Hysteria (Muse), Hier Kommt Alex (Die Toten Hosen), Perfekte Welle (Juli), Countdown to Insanity (H-Block X), Manu Chao (Les Wampas) e New Wave (Playmo).
Rock Band para Xbox 360 chegará a Europa en maio
Compartir Este Artigo

