Os usuarios de consolas de alta definición que gusten dos xogos de acción ao máis puro estilo de God of War ou Devil May Cry recibirán de moi bo grado o anuncio de Darksiders: Wrath of War, o novo título de THQ que sairá en 2009 para Xbox 360 e PlayStation 3.
Polo momento só se puideron ver algunhas imaxes do acabado gráfico do xogo e un teaser para ir creando expectación. Os deseños prometen moito, pois corren da man do debuxante de comics Joe Madureira, que traballou para series coma X-Men, Battle Chasers ou The Ultimates, quen tamén é un recoñecido fanático aos videoxogos, polo que se agarda que a súa paixón se reflicta no acabado deste xogo que nos sitúa nun mundo post-apocalíptico no que encarnamos a War (Guerra), un dos 4 xinetes do Apocalipse, que empregará distintas armas e amosará habilidades sobrenaturais durante o avance da historia que promete moita violencia.
Teaser de Darksiders: Wrath of War
Darksiders: Wrath of War sairá en 2009
Compartir Este Artigo

