
Hai que destacar que na película Hulk é un personaxe verde, e na súa versión en banda deseñada tamén existiu unha versión gris do monstro gamma, pero a cor vermella corresponde a outro personaxe que está a aparecer dende hai 3 meses na serie regular norteamericana (e que é todo un misterio, pois non se coñece a súa identidade secreta) polo que co cambio de cor do personaxe do videoxogo se estaría a facer un xesto aos seguidores do cómic.

Descoñecemos se será posible que esta versión chegue a Europa a través doutra canle de distribución, pois aínda que sexa posible mercar o xogo dende España (pagando uns portes de 25,99 dólares) a versión comercializada é NTSC (o formato de vídeo americano, e incompatible co sistema europeo, PAL).
O Hulk vermello estará dispoñible nunha versión exclusiva do xogo para Xbox 360
Compartir Este Artigo

