
Dende Akihabara News amosan cómo será finalmente este dispositivo pensado para a navegación móbil, que conta cun procesador Intel Centrino Atom Z520 a 1,33 GHz, un disco duro de 40 Gb, 1 Gb de RAM e unha pantalla táctil de 5 polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 píxels. Mide 84 x 188 x 25,9 milímetros e pesa 470 gramos, polo que case parece unha nova PSP de Sony.
Podemos ver así que o Willcom D4 é un equipo de grande mobilidade e versatilidade, cunha pantalla de grande resolución que incluso se ve satisfactoriamente en exteriores. No tocante ao rendemento, parece que o procesador Atom é capaz de mover Vista satisfactoriamente.
Para redondear o produto, este MID inclúe OneSeg TV (sintonizador de televisión móbil nipón), Wi-Fi, Bluetooth, teclado QWERTY, cámara de 2 Mpíxeles, miniUSB, microSD e mesmo unha fenda para tarxetas W-SIM (o que podería supor que no futuro incorporase conectividade 3G).
Cómpre destacar que o Willcom D4 analizado é un prototipo, pois o produto final non chegará ao mercado ata xuño a 128.600 iens (uns 805 euros).
Vídeo amosando as características dun prototipo do Willcom D4
Amosan o que será o Willcom D4 de Sharp
Compartir Este Artigo

