
Cando un usuario se sube á táboa de equilibrio da Wii o programa calcula o seu peso e o seu índice de masa corporal baseándose na altura do xogador, determinando se o usuario está por debaixo do seu peso normal ou ten sobrepeso.
Agora, un pai británico avisa de que o xogo di que a súa filla de 10 anos, de 1,45 metros de alto e 38 quilos de peso, está gorda, cando en realidade se trata dunha cativa atlética (práctica natación e baile). O pai tivo que convencer á nena de que non estaba gorda, e teme que provoque problemas a moitos cativos, polo que pensa que o índice de masa corporal non se debería aplicar aos pequenos e o xogo debería incluír unha advertencia para pais, o que Nintendo rexeita facer, desculpándose por se algún cliente se ofende da terminoloxía empregada en Wii Fit.
Hai que recoñecer que os índices calculados polo xogo para persoas de entre 2 e 20 anos non resultan moi axeitados, especialmente para os máis cativos, pois non se ten en conta a súa complexión nin o nivel de desenvolvemento físico á hora de indicar que un usuario ten sobrepeso.
Critican que Wii Fit diga aos nenos que teñen sobrepeso
Compartir Este Artigo

