Á espera do lanzamento dos pico-proxectores de vídeo que poderían chegar a integrarse en reprodutores multimedia e teléfonos móbiles Honlai Technology lanza o seu proxector MP100 que emprega iluminación LED para funcionar e colle na palma da man.
Este pequeno proxector ten un consumo e só 5 vatios, presenta unha imaxe de entre 10 e 15 lúmenes e unha relación de contraste de 200:1, podendo presentar unha imaxe de 640 x 480 píxeles nun tamaño de entre 5 e 37 polgadas, polo que está claro que non se trata dun produto de alta gama, pero que podería servir perfectamente para pequenas presentacións.
Honlai MP100, un proxector para pequenas presentacións
Compartir Este Artigo

