
O xogo de Midway que chegará ás tendas españolas no mes de setembro sitúanos en Barcelona encarnando a un axente encuberto, Milo Burik (interpretado por Vin Diesel) que se involucra nos baixos fondos barceloneses, para os que realiza misións, de xeito que se involucra en persecucións e tiroteos, o que dende o Concello consideran que é «contrario aos valores que caracterizan a cidade».

Lembremos que outras cidades tamén amosaron a súa oposición a que se escureza a súa imaxe con videoxogos violentos, de xeito que na saga de GTA, aínda que as cidades polas se move o xogador son fáciles de identificar, teñen nomes imaxinarios coma Liberty City (que sería New York).
Non hai que esquecer que este tipo de polémicas tamén supoñen unha boa publicidade para os xogos, polo que Midway podería recibir moi ben as críticas. The Wheelman chegará en setembro para PlayStation 3, Xbox 360 e PC, e para facernos unha idea de cómo transcorre a acción no xogo (que ten un certo aquel aos GTA) podemos ver o seu trailer:
O Concello de Barcelona quere impedir a comercialización de The Wheelman
Compartir Este Artigo

