
Happy Tree Friend é unha serie moi violenta e gore, polo que os aspecto inocente e infantil dos animais protagonistas é só unha licenza artística para provocar a risa, mentres que o xogo aproveitará a tendencia suicida/homicida dos personaxes para achegarnos un título con certas reminiscencias dos populares Lemmings.
O xogo permite manexar aos personaxes máis coñecidos da serie de animación, reparte a acción en 10 escenarios mortíferos (como unha mina, un museo ou unha fábrica de doces), un humor fiel ao do produto audiovisual inicial e contidos exclusivos (vídeos inéditos).
O xogo dos Happy Tree Friends chegará a vindeira semana para PC e Xbox 360
Compartir Este Artigo

