
A descrición desta arma segundo o propio xogo suxire que se trata dun elemento «garantizado para atraer a atención de varóns de entre 18 e 80 anos» e na portada do exemplar incluso se chacotea facendo referencia a unha suposta entrevista a Hideo Kojima (creador da saga de Metal Gear Solid). Cómpre destacar que o uso de revistas eróticas no xogo era algo presente en anteriores entregas.
Vídeo de demostración da nova arma no xogo |
Pero Playboy non é a única marca que aparece neste xogo, senón que tamén é posible atoparse cun iPod de 30 Gb, de xeito que o xogador pode utilizalo para escoitar música mentres masacra aos soldados inimigos.

