A aeroliña de nova xeración Vueling vén de realizar hoxe a súa primeira venda a través do provedor de produtos turísticos líder en España, Amadeus, logo de reforzar a súa relación coas axencias de viaxes a través do GDS.
Viajes Airbus, situada no número 12 da avenida da República Arxentina de Vigo, emitiu hoxe o seu primeiro billete electrónico da compañía de baixo custo española, a nome dun pasaxeiro galego que voará de Santiago de Compostela a Málaga e volverá ó longo deste mes de xuño.
Este paso ten lugar semanas despois da habilitación da tecnoloxía de pago por BSP (Billing and Settlement Plan), que fai posible a reconciliación de pagos entre as axencias e a aeroliña unha vez ó mes e que permite, entre outras cousas, a adquisición de billetes con entrega en efectivo.
Isto significa que, dende o día de hoxe, os axentes de viaxe dispoñen, no sistema Amadeus, de todo o inventario e tarifas de Vueling, con novas funcionalidades de reserva e billetaxe electrónico que permitirán, entre outras “facilidades”, remisións e reembolsos de xeito doado.
A aeroliña, vén de adaptarse logo á forma habitual e ós procesos de traballo das axencias de viaxe tradicionais, colocando as súas ofertas nas mesmas condicións comparativas que o resto de aeroliñas en Amadeus.
Asemade, Vueling vén de por a disposición das axencias de viaxe a tarifa Flex, deseñada especificamente para os pasaxeiros que precisan flexibilidade nas súas reservas posto que permite facer cambios en datas e horarios de voos e inclúe un determinado número de servizos (maletas prefacturadas, preasinación de asentos…) sen custo adicional algún.
Unha axencia de Vigo emite o primeiro billete electrónico de Vueling reservado en Amadeus
Compartir Este Artigo

