A chegada de Rock Band: Opening Act ao mercado norteamericano en setembro (na súa versión de Xbox 360) continúa a crear expectación, e trala publicación dunha listaxe de 9 cancións do futuro xogo, agora volven a filtrar máis temas á opinión pública.
Nesta ocasión parece que o accidente só durou unhas horas e a listaxe de novas cancións se eliminou ao detectarse, o que non impediu que se difundise por foros e blogs de xeito que estarían case confirmadas as seguintes cancións: – Man in the Box de Alice in Chains – We Got The Beat de The Go Go – American Woman de The Guess Who? (ou Lenny Kravitz) – White Wedding de Billy Idol – Aqua Lung de Jethro Tull – Bad Reputation de Joan Jett – One Step Closer de Linkin Park – Peace Sells de Megadeath – You Oughta Know de Alanis Morissette – Testify de Rage Against The Machine – Spoonman de Soundgarden
Sumaríanse así aos nove temas que se deron a coñecer hai pouco: – Pannic Attack de Dream Theater (ou Finger Eleven) – Chop Suey de System of a Down – Give It Away dos Red Hot Chili Peppers – Everlong de Foo Fighter – Kids In America de Kim Wilde – Ace of Spades de Motörhead – Hello There de Cheap Trick – Anyway You Want It de Journey – Pinball Wizard dos The Who
E consolídase así unhas das ofertas máis sólidas deste tipo de títulos, dando a impresión de que está a mellorar o catálogo inicial da súa anterior entrega.
Adiantan 11 novas cancións para Rock Band 2
Compartir Este Artigo

