
Estariamos así ante un momento histórico que incluiría definitivamente aos videoxogos como canle de distribución musical, que se sumaría aos CD, DVD e descargas en servizos coma iTunes.
Ata o momento as descargas para os xogos de Guitar Hero e Rock Band nas súas versións para Xbox 360 e PS3 son un rotundo éxito, e sería unha tendencia emerxente comparable á febre dos politóns de hai un par de anos.
O novo álbum de Metallica debería saír no mes de setembro, mentres que o Guitar Hero World Tour non chegaría ata o 27 de outubro, e aínda que o álbum se poderá adquirir antes para o Guitar Hero III, é recomendable agardar á nova entrega da saga porque aparte da guitarra eléctrica tamén permitirá empregar a batería e a voz para interpretar os distintos temas:
O novo disco de Metallica sairá simultaneamente en tendas e para Guitar Hero
Compartir Este Artigo

