Microsoft preparou unha versión da súa plataforma de xogo en liña para o PC, pretendendo trasladar o éxito de Xbox Live aos escritorios con Windows, pero en vista de que os usuarios de ordenadores non están tan afeitos a pagar por xogar en liña decidiron converter Games for Windows LIVE nunha plataforma de xogo de balde, que incluso permitirá competir con usuarios de Xbox 360 (en xogos dispoñibles para ambos sistemas).
Os xogos que xa funcionan en LIVE serían os seguintes: Battlestations: Pacific, The Club, Fallout 3, Gears of War for Windows, Halo 2 for Windows Vista, Kane & Lynch: Dead Men, Lost Planet Extreme Condition, Shadowrun, Universe at War: Earth Assault, Viva Piñata for Windows e Warhammer 40.000: Dawn of War II.
Games for Windows LIVE pasa a ser de balde
Compartir Este Artigo

