En España Sony finalmente alzou cabeza e se puxo á par de Nintendo na listaxe de xogos máis vendidos no mes de xuño, no mercado británico a cousa parece moi distinta, e o mercado que normalmente se considera de referencia en Europa continúa a dar o dominio a Nintendo, de xeito que a primeira aparición de Sony nas listaxes de vendas se limita á 10ª posición con Metal Gear Solid IV, non volvendo a aparecer un xogo de PS3 ata o posto 22 (co xogo Beijing 2008), aínda que a súa consola rival, a Xbox 360, tampouco ten unha sorte moito mellor, ocupando os postos 11, 16, 18 e 19 con Battlefield: Bad Company, Beijing 2008, GTA IV e Unreal Tournament III.
Así pois as consolas de Nintendo están a ser toda unha revolución no Reino Unido, correspondendo á Wii os 5 xogos máis vendidos (Wii Fit, Wii Play, Super Smash Bros. Brawl, Mario Kart Wii e Big Beach Sports), aínda que tamén é destacable que o novo Guitar Hero: On Tour (a entrada máis forte na listaxe) se faga co posto 6, e o Brain Training continúe a dar guerra, quedando na 8ª posición.
Nintendo domina (de xeito aplastante) as vendas de videoxogos no Reino Unido
Compartir Este Artigo

