
Sorprende que esta medida se anuncie para tan pronto, pois a Comisión do Mercado das Telecomunicacións aceptara unha reclamación de Orange sobre esta migración que estaba planeada para o 1 de agosto, e que parecía que se demoraría ata mediados de setembro.
A migración de conexións será progresiva, e durará ata primeiros de outubro, estimando a operadora que aumentará a velocidade de 30.000 clientes diarios de media para o que teñen a traballar a un equipo duns 200 profesionais de distintos departamentos.
Os clientes da operadora poderán achegar máis información da migración dende unha páxina web creada a tal efecto, na que avisan de que o cambio no servizo provocará un pequeno corte na conexión tralo que o usuario deberá reiniciar o seu módem e ordenador para que se adapten á nova velocidade de 6 Mbps.
Telefónica anuncia que comezará a dobrar a velocidade do seu ADSL o vindeiro luns
Compartir Este Artigo
