No pasado mes de setembro comezou a venderse o xogo Assassin’s Creed para PC, 2 meses despois de que unha copia do xogo circulase pola Internet, o que molestou a Ubisoft, editora do xogo, que decidiu demandar a Optical Experts Manufacturing, a empresa que se encargou de replicar fisicamente o xogo, pois consideran que a filtración á Rede foi obra dun traballador da fábrica, que levaría unha copia ao seu domicilio e a publicaría na Internet.
Ubisoft estima que o acontecido supón «unha extraordinaria rotura da cadea de confianza e unha enorme neglixencia» que lle ocasionou grandes perdas nas vendas (pois nos EE.UU. venderon máis de 40.000 copias mentres estiman unhas descargas superiores ás 700.000), polo que esixen unha compensación económica por infracción do copyright, incumprimento de contrato e neglixencia, así coma o pago das costas do xuízo, ou sexa, máis de 10 millóns de dólares.
Ubisoft demanda a unha empresa de replicado de discos
Compartir Este Artigo

