O clásico videoxogo Street Fighter Alpha (que se fixo moi popular na súa versión para a primeira PlayStation) incorpórase hoxe á PlayStation Network, de xeito que os usuarios tanto da PSP como da PS3 poden adquirilo para rememorar as súas partidas neste xogo de loita que volve a estar tan de actualidade grazas ao próximo lanzamento de Street Fighter IV (que xa chegou aos salóns recreativos nipóns na súa versión arcade).
Os usuarios de PS2 xa puideron rememorar este xogo a través dos paquetes antolóxicos nos que se recuperaban as vellas entregas de Street Fighter, e agora chega á PS3 e a PSP mediante descarga de pago, destacando esta entrega no seu día por cambiar a súa aparencia gráfica cunha aparencia semellante á da súa serie televisiva de animación, afastándose da estética orixinal.
Polo momento este lanzamento se limita aos EE.UU., descoñecéndose a data na que esta descarga estará dispoñible en Europa.
Vídeo introdutorio do xogo
O vello Street Fighter Alpha poderase xogar na PS3 e na PSP
Compartir Este Artigo

