Xa hai días que sabemos que o Grand Theft Auto IV estreará versión para PC o vindeiro 21 de novembro, pero Rockstar adiantou en Leipzig máis detalles sobre o que xa se considera o xogo do ano a nivel de vendas nas súas versións para Xbox 360 e PS3.
Por fortuna, a adaptación ao PC do xogo de consola achega vantaxes como unha mellora gráfica (no caso de contar cun ordenador potente, xa que funciona a unha resolución máxima de 2.560 x 1.600 píxeles, o que supera ao Full HD), o modo repetición (para revivir os últimos 30 segundos da partida actual, para retocar as secuencias con efectos, gardalas e compartilas a través da Rede no Rockstar Social Club), unha xogabilidade máis depurada e incluso coidando máis os modos multixogador en liña (que aceptarán máis de 16 xogadores simultáneos).
As novas características poderían compensar a espera para que este título chegase aos ordenadores persoais nos que no seu día se popularizou esta violenta saga.
GTA IV contará con numerosas melloras na súa versión para PC
Compartir Este Artigo

