Electronic Arts anunciou que o FIFA 09 contará nas súas versións para PS3, Xbox 360 e PC da posibilidade de empregarse co servizo Adidas Live Season que achegará actualizacións semanais coa estatísticas e atributos dos xogadores baseándose nos resultados reais das competicións que se disputen.
Os campionatos que se seguirán serán a Liga, a Premiership, a Ligue 1, a Bundesliga, a Serie a e a primeira división mexicana. A versión de proba do servizo permitirá seguir só unha das competicións, mentres que os usuarios de pago poderán obter todos os datos (aínda que non se publicou o prezo que terá o servizo).
Parece evidente que esta nova innovación será moi ben recibida polos seguidores do deporte rei, que verán coma un xogador que está a ter un baixo rendemento no mundo real tamén presenta ese comportamento no xogo, o que engade un realismo ás partidas que vai máis aló da semellanza gráfica dos futbolistas.
Trailer de FIFA 09 presentado na Games Convention
O FIFA 09 contará con actualizacións semanais dos datos dos futbolistas
Compartir Este Artigo

