O 19 de setembro chegará ás tendas europeas o xogo para a Nintendo Wii Samba de Amigo que é un título musical que en vez de emular unha guitarra eléctrica está máis orientado a usuarios casuais e consiste en seguir o ritmo das cancións movendo co mando da Wii e o Nunchuk (ou dous mandos da Wii á vez) a xeito de maracas.
Este xogo xa tivera versións de arcade e Dreamcast, e esta nova entrega pretende repetir a diversión que achegaba o vello título cunha banda sonora con máis de 40 temas musicais (as cancións con asterisco son versións non interpretadas polos seus intérpretes orixinais): – “Baila Me” – Gipsy Kings 
Trailer no que se presentan as 3 novas cancións descargables para Samba de Amigo |
– “Solo Tu” – WaveGroup – “Tango With Me” – WaveGroup – “Vamos A Carnaval” – WaveMaster* – “Volare” – Gypsy Kings – “Hot Hot Hot” – Arrow* – “Salome” – Chayanne* – “Tubthumping” – Chumbawumba* – “The Cup of Life” – R. Martin* – “Samba de Janeiro” – Bellini – “Mambo Beat” – Perez Prado* – “Livin’ La Vida Loca” – Ricky Martin* – “Bamboleo” – Gipsy Kings – “Take On Me” – Reel Big Fish – “El Ritmo Tropical” – Dixie’s Gang* – “Macarena” – Los Del Rio* – “La Bamba” – Ritchie Valens* – “Tequila” – Chuck Rio* – “Soul Bossa Nova” – Quincy Jones – “Samba de Amigo” – Bellini – “The Theme of Rocky” – Bill Conti* – “Mas Que Nada” – Jorge Ben* – “Sway” – Gimbel and Ruiz* – “El Mambo” – Solemar

A maiores tamén apareceron en Amazon unhas Wii Maracas, que veñen a ser unhas pezas de plástico para engadir ao mando da Wii e o Nunchuk que melloran a sensación de uso do Samba de Amigo. O seu prezo sería de 14,99 dólares.

