A Nintendo DS está a achegar toda unha serie de títulos que parecía imposible que se puidesen comercializar hai uns anos, demostrando que xogos coma Nintendogs ou a saga de Imagina ser poden ter unhas vendas elevadísimas, competindo con grandes superproducións en número de copias, polo que non debería sorprender que o 14 de outubro chegue ás tendas norteamericanas o xogo Cesar Millan’s Dog Whisperer que será a adaptación do programa de televisión El Encantador de Perros (emitido en España por Cuatro e tamén editado en formato DVD) e que presumiblemente podería ser unha especie de Nintendogs para cadelos con comportamentos agresivos ou pouco axeitados.
Este novo xogo é unha creación de Ubisoft, que tamén está a preparar unha versión para PC, polo que a franquicia de César Millán estará cada día presente en máis pantallas.
El Encantador de Perros terá xogo para Nintendo DS
Compartir Este Artigo

