
O Airis Kira 500 incorpora un procesador VIA C7-M a 1,2 GHz, unha pantalla de 8,9 polgadas a 1.024 x 600 píxeles, 1 Gb de RAM e 60 Gb de disco duro. Mide 243 x 172 x 29 mm, pesa 1,1 quilos e conta cunha autonomía de 4 horas e media coa batería estándar (e ata 7 horas cunha batería opcional de máis capacidade). Tamén inclúe Wi-fi, altofalantes e webcam de 1,3 Mpíxeles. Venderase a 349 euros.
O Airis Kira 700 cambia o seu procesador por un Intel Atom a 1,6 GHz e incrementa o tamaño de pantalla ata 10,2 polgadas, aínda que tamén incrementa o seu peso (1,45 quilos) e as súas dimensións (259 x180 x 19-42 mm). Inclúe de serie 1 Gb de RAM e o seu disco duro de 160 Gb. A súa autonomía tamén é de 4 horas e media e destaca por contar coa opción de conectividade HSDPA (3G). O seu prezo será de 399 euros na súa edición básica e de 499 euros con 3G.
Airis presenta os seus ultraportátiles Kira 500 e 700
Compartir Este Artigo

