Aínda que cada día se vendan máis cámaras de vídeo de alta definición, para os usuarios menos esixentes continúan a aparecer dispositivos optimizados, entre outras cousas, para a publicación das gravacións na Internet, e dentro desta liña de produtos temos agora a cámara Samsung VM-MX25E, que grava en formato H.264 a 640 x 480 píxeles , gardando os contidos en tarxetas MMC+, SD, SDHC de ata 32 Gb.
A cámara conta con pantalla LCD de 2,7 polgadas, zoom óptico de 34x, unha autonomía de 3 horas de gravación e pode subir a Youtube os contidos gravados de xeito rápido e doado. Mide 125 x60 x 60,5 mm, pesa só 270 gramos e se pode mercar en cor vermella ou negra por uns 340 dólares.
Cámara de vídeo optimizada para YouTube
Compartir Este Artigo

