O soño de moitos amantes do rock e o metal se converte en realidade, pois Harmonix anunciou o lanzamento de AC/DC LIVE: Rock Band Track Pack, unha edición especial do xogo Rock Band que inclúe 18 temas en directo de AC/DC e que chegará aos EE.UU. o 2 de novembro nas súas versións de Xbox 360, PlayStation 3 e PlayStation 2, demorándose para Wii ata o 16 do mesmo mes, e chegando a Europa durante o mes de decembro.
O xogo custará 39,99 euros para as consolas de videoxogos modernas, e 10 euros menos na súa versión para PS2. As cancións do pack tamén de poderán cargar en Rock Band e Rock Band 2 nas súas versións de Xbox 360 e PS3 a través dun código de exportación.
Os temas incluídos no AC/DC LIVE: Rock Band serán: – Thunderstruck – Shoot to Thrill – Back in Black – Hell Ain’t a Bad Place to Be – Heatseeker – Fire Your Guns – Jailbreak – The Jack – Dirty Deeds Done Dirt Cheap – Moneytalks – Hells Bells – High Voltage – Whole Lotta Rosie – You Shook Me All Night Long – T.N.T. – Let There Be Rock – Highway To Hell – For Those About to Rock (We Salute You)
Os AC/DC terán un Rock Band de seu
Compartir Este Artigo

