
Esta nova entrega da saga balompédica conta cuns gráficos moi detallados (especialmente na Xbox 360 e na PS3) pero os xogadores máis fieis notarán especialmente os cambios na dinámica de xogo, que agora permite unha mellor definición do tipo de xogo durante os partidos, se potenciou o modo de xogo 10 contra 10 en rede (cun usuario real manexando cada xogador individual) e, como vén sendo costume, conta coa licenza exclusiva da Liga de Fútbol Profesional de España, de xeito que os xogadores e os equipos terán os seus nomes reais (e non serán imitacións coma acontecerá co PES 2009).
Estamos ante un xogo moi superior a todos os aparecidos ata o momento neste xénero, corrixindo moitos dos defectos que os usuarios criticaban na anterior entrega e adaptándose especialmente ás consolas de nova xeración, o que se nota especialmente no realismo gráfico e mesmo na interacción entre os cambios climáticos e a física do balón (que pode verse afectado por charcos no campo, por citar un exemplo).
O seu prezo de venda ao público é de 69,95 euros para Xbox 360 e PS3, 49,95 euros para Wii, 39,95 euros para PSP e Nintendo DS e 34,95 euros para PS2 e PC.
Chega o FIFA 09 ás tendas españolas
Compartir Este Artigo

