Portátil Macbook Pro conectado á Internet a través de 3GA Comisión do Mercado de Telecomunicacións (CMT) sinalou que o 10% das conexións de banda larga en España se corresponden a conexións a través do móbil, o que supón un incremento interanual do 50%, aínda que segundo o presidente da CMT, Reinaldo Rodríguez, é cedo para que se considere que este tipo de produto pode substituír á banda larga fixa, existindo moitas diferenzas entre estes dous servizos. Lembremos que a banda larga móbil ten prezos moi superiores ás conexións por ADSL ou cable, unha velocidade nominal inferior e con limitacións de transferencia de datos (que nalgúns casos fai que sexa difícil incluso cualificar as conexións coma de banda larga).