Os xogos musicais coma Guitar Hero World Tour ou Rock Band contan con periféricos coma guitarras eléctricas, baixos, baterías e micrófonos, pero o fabricante PDP sorprendeu ao anunciar o lanzamento do Home Stage Kit Rock Band, un sistema que se porá á venda en novembro e que permitirá converter unha sesión de Rock Band en todo un espectáculo de luz e fumes.
O sistema inclúe unha máquina de fume e un sistema de efectos de iluminación que se sincronizan automaticamente coa música do xogo de Harmonix, o que supomos que será unha serie de accesorios para a Xbox 360 pensados para o seu uso en festas e locais de karaoke, posto que levar esta experiencia a un contorno doméstico parece excesivo.
Fume e luces para o Rock Band
Compartir Este Artigo

