Reaccionado ao lanzamento de Guitar Hero World Tour é de agardar que o vindeiro mes chegue a Europa o xogo Rock Band 2, que xa leva uns meses a venderse nos EE.UU. e, para alongar a súa vida, contará cunha sorpresa para os seus usuarios, pois a partir do 4 de novembro poderán descargar 20 cancións de balde para o seu xogo (valéndose dun código para un único uso incluído no manual de instrucións). As versións que primeiro contarán con esta descarga serán a PS3 e a Xbox 360, mentres que os usuarios da Wii deberán agardar loxicamente ao mes de decembro, que é cando se lanzará o xogo nos EE.UU. (a data de lanzamento europea aínda non se coñece).
A listaxe de temas descargables é a seguinte: – The 88 – “Sons and Daughters” – Authority Zero – “No Regrets” – Between the Buried and Me – “Prequel To The Sequel” – The Cab – “Bounce” – The Chevelles – “Get It On” – The Cocktail Slippers – “Give It To Me” – Dealership – “Database Corrupted” – Endeverafter – “I Wanna Be Your Man” – The Ghost Hounds – “Ashes To Fire” – Hollywood Undead – “Young” – Kutless – “The Feeling” – The Len Price 3 – “If I Ain’t Got You” – Lesley Roy – “I’m Gone, I’m Going” – Opiate for the Masses – “Burn You Down” – Semi-Precious Weapons – “Magnetic Baby” – Shaimus – “Like a Fool” – Thenewno2″ – Crazy Tuesday” – Tickle Me Pink – “The Time Is Wrong” – Underoath – “Desperate Times, Desperate Measures” – X Japan – “I.V.”
Rock Band 2 permitirá a descarga de balde de 20 novas cancións
Compartir Este Artigo

